viernes, 9 de marzo de 2007

Cambados solicita unha axuda de 253.775 euros para sufragar o custo dos servizos sociais

08/03/2007 - Voz de Galicia ( edición Arousa )


(Lugar: a voz | vilagarcía)

O Concello de Cambados remitiu un escrito á Vicepresidencia de Igualdade e Benestar para solicitar a subvención coa que todos os anos sufragan os servizos sociais. O gasto anual deste departamento supera os 300.000 euros.

Unha terceira parte deste orzamento destínase a financiar ás dúas persoas que atenden este servizo. Outros 67.000 euros son para a xestión de programas básicos como axuda no fogar, prevención e inserción social ou convivencia alternativa. Ademais, pídese tamén unha axuda de 3.000 euros para realizar traballos de eliminación das barreiras arquitectónicas.

Doutra banda, os servizos sociais encárganse tamén de organizar cursos como o de ximnasia para o cerebro, linguaxe de signos ou técnicas de relaxación para minusválidos físicos. Ademais, o Concello decidiu sumarse este ano ao programa Anta, destinado a facilitar o transporte de persoas \\, e pedir unha axuda de 18.000 euros para pór en marcha un programa de educación familiar e outro de apoio a familias monoparentais.

No hay comentarios: