jueves, 8 de marzo de 2007

Reparan o encintado do pazo de Fefiñáns para evitar humidades

07/03/2007- A Voz de Galicia (edición Arousa)

(Lugar: a voz | vilagarcía)

Os propietarios do pazo de Fefiñáns, en Cambados, están acometendo obras de mellora nas instalacións. Neste caso, os traballos consisten en reparar o encintado das pedras para evitar que as paredes filtren humidade.

Toda a reparación estase levando a cabo co máximo coidado, sen tocar as esculturas que adornan a fachada deste emblemático inmoble. Trátase de reparar o encintado para evitar a deterioración no interior do edificio. En principio, o proxecto afecta á torre que preside o edificio, aínda que tamén se eliminarán unhas manchas detectadas na fachada norte. Das obras encárgase a empresa Atlas, unha firma con moita experiencia na restauración de obras protexidas por Patrimonio. O proxecto finánciano os propietarios do pazo.




No hay comentarios: