jueves, 15 de marzo de 2007

A oficina de Cambados dispón de orzamento para rehabilitar seis vivendas e urbanizar un viario

14/03/2007 - La Voz de Galicia

(Lugar: a voz | vilagarcía)

O orzamento da oficina de rehabilitación de Cambados para este exercicio ascende a 136.000 euros, segundo informaron onte fontes municipais. A partida servirá para rehabilitar seis vivendas e para urbanizar un viario.

O convenio deste ano establece que, para rehabilitar os inmobles, o Ministerio de Vivenda investirá 36.000 euros e a consellería outros 30.000. O resto, 34.000 euros, serán achegas que deberán realizar os particulares. Doutra banda, o Concello disporá de 36.000 euros, dos que achegará 16.200, para a reurbanización dunha rúa no conxunto histórico.

Os interesados en acollerse a estas axudas poderán presentar os seus proxectos de obras a partir do mes próximo. Segundo explica o equipo de goberno, o programa segue tendo moita demanda entre os veciños do municipio.

A oficina de rehabilitación abriu as súas portas fai agora cinco anos. En todo este tempo, tramitou máis de oitenta expedientes distintos que permitiron rehabilitar outras tantas vivendas no conxunto histórico.

No hay comentarios: