lunes, 12 de marzo de 2007

CC.OO. e UXT repártense os cinco delegados do Concello cambadés

09/03/2007 - La voz de Galicia (edición Arousa)

(Lugar: a voz | vilagarcía)

Os funcionarios e traballadores do Concello de Cambados celebraron onte novas eleccións sindicais para escoller aos seus representantes. Os comicios estiveron moi rifados e, tras o reconto oficial, CC.?OO. quedou con tres dos cinco delegados. O resto, foron para o sindicato UXT.

Nas últimas eleccións celebradas entre o persoal municipal de Cambados foi Comisións Obreiras o que saíu vencedor, ao obter catro dos cinco representantes. Agora, UXT logrou recuperar parte do terreo perdido entón ao lograr un os seus delegado máis que entón.

Tras os comicios de onte, tanto CC.?OO. como UXT quedan cun representante do persoal técnico e administrativo, isto é, de oficinas. Trátase de Begoña Sobrido e Manuel Rial. No que ao persoal non cualificado refírese, dous dos delegados serán de Comisións e, o terceiro, de UXT.

No hay comentarios: