jueves, 15 de marzo de 2007

O Ribadumia e o Cambados pelexan polo salto a Preferente

14/03/2007 - La Voz de Galicia (edición Arousa)

Os dous clubs arousáns chegan o tramo final con moitas opcións CALENDARIOS DOS IMPLICADOS
O Xuvenil e o Moaña son os seus grandes rivais polas dúas prazas que dan o ascenso

(Firma: Antonio Garrido | Lugar: vilagarcía)

?cho xornadas restan soamente para que conclúa a competición en Primeira Autonómica. Un tramo final da competición ao que o Cambados e o Ribadumia chegan con moitas opcións de facerse cunha das dúas prazas que outorgan o ascenso a Preferente.

Os dous equipos enfrontáronse o pasado domingo en Burgáns nun partido que concluíu con empate a dous goles. O resultado é moito máis interesante para os ribadumienses, que manteñen o liderado en solitario da clasificación. O problema para o Ribadumia é que o calendario que lle falta é moi complicado, sobre todo en tres das saídas, que lle medirán ao Xuvenil, o Moaña (estes dous os rivais dos equipos arousáns na pelexa polo ascenso) e o San Adrián , sexto clasificado.

O Cambados, pola súa banda, parece haberse desinflado lixeiramente na segunda volta, pero a terceira praza que ocupa agora na táboa manteno con moitas opcións. Os rivais dos de Joseíño, ademais, parecen máis alcanzables.

O que vive unha situación totalmente contraria é o Catoira. O club viquingo, que curiosamente se medirá a tres dos aspirantes, ten moi difícil eludir o descenso.

No hay comentarios: